Leite

A OPL recomenda mirar a calidade do leite á hora da compra

Loading ad.
Ad could not be loaded.
31/07/2016 11:03 a.m.

A Organización de Productores de Leche (OPL) recomenda á Organización de Consumidores FACUA, en canto ao estudo de prezos de leites e derivados lácteos de distintas marcas e establecementos que publicou esta semana, que a parte do prezo, deberían de controlar tamén a calidade dos produtos e as condicións e formas de elaboralos, para asegurar a máxima calidade para o consumidor.

José Alberto Martín, directivo da OPL en Castela e León, incide en que os produtores son tamén consumidores, “por iso, todos deberiamos primar máis a calidade dos produtos que consumimos, antes que o prezo, á hora de compralos”. O directivo explica que “se un gandeiro non percibe un prezo xusto polo leite que produce, non poderá investir en melloras na súa granxa, non poderá aumentar o benestar dos seus animais, non poderá mellorar a hixiene das súas cortes, tampouco mellorará o mantemento da súa maquinaria e das súas instalacións e por tanto non conseguirá un mellor manexo do gando nin producir con menos estrés e mellor calidade de vida. Todo iso repercutirá, por tanto e moito, na calidade da produción”.

Pide que se informe aos consumidores dos queixos fabricados con leite en po

Desde a OPL subliñan que a calidade esixida desde a industria é a máxima, con recollida de mostras cada día que sae o leite da granxa, pero que a día de hoxe non se ve reflectida no prezo que perciben os gandeiros por litro producido.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“As organizacións de consumidores terían que esixir máis calidade dos produtos á industria e distribución e maiores controis, para que o consumidor teña a certeza que o que consume son produtos de calidade e que non se lles engane nas etiquetaxes ou na calidade que lle corresponda a cada produto”, insiste Martín.

Neste sentido, lembra que “agora que a fabricación de queixos con leite en po pode ser legal, debería especificarse correctamente na etiquetaxe para non enganar ao consumidor”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada