Agroalimentación

A OPL advirte dunha campaña de desprestixio do leite

A organización agraria considera que se están a divulgar falsos mitos en redes sociais e sostén que se está tamén criminalizando ó gandeiro

Campo Galego 20/10/2016 8:28 a.m.

A Organización de Productores de Leche (OPL) advirte de que nas redes sociais se está a detectar unha continua “campaña de difamación contra o leite, incluso ata a propia criminalización do gandeiro”. Desde a entidade sinalan que se porán en contacto coas organizacións de consumidores para abordar os falsos mitos sobre o leite que se están a difundir, co obxectivo de contrarrestalos.

A organización agraria tamén anima ás Administracións a prestixiar ó traballo dos gandeiros, que se está a cuestionar desde sectores animalistas. A OPL critica en especial as acusacións sobre “suposto maltrato animal” nas granxas ou “falsos estudos sobre efectos perxudiciais do leite”. “Son moitas veces informacións creadas en base ós intereses particulares dalgúns fabricantes dos mal chamados leites vexetais ou de determinadas marcas ou colectivos”, valora o presidente da OPL, o gandeiro leonés José Alberto Martín.

Desde a OPL sinalan que están estudiando algúns casos para valorar a posibilidade de interpoñer demandas xudiciais. A organización amósase preocupada polo impacto que as “falsas informacións” están a ter na progresiva redución do consumo de leite, pois deterioran a imaxe do produto.

Etiquetado
Ir a la portada