Leite

A ministra asegura que o 83% das explotacións lácteas beneficiadas polas axudas de mínimis serán galegas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/10/2015 11:46 a.m.

A ministra de Agricultura, Alimentación e Medioambiente, Isabel García Tejerina, asegurou hoxe que o 83% dos beneficiarios das axudas de minimis ás explotacións lácteas en dificultades serán galegos “e recibirán máis PAC”.

Tejerina respondía esta mañá no Congreso dos Deputados a unha pregunta da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, sobre o método elixido para a concesión de axudas ao sector lácteo, unha fórmula que a parlamentaria considerou “discriminatoria ao deixar fóra a boa parte dos produtores galegos”.

Na súa resposta, a ministra non explicou os criterios estabelecidos, nin aclarou o umbral de prezos para poder acceder ás axudas, pero si asegurou que da partida “todas as explotacións do estado recibirán axudas, sobre todo as que máis o precisen” e que o criterio é que non pechen explotacións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tejerina replicou a Davila que “todo o que dixo sobre os cálculos das axudas é absolutamente falso”. Sinalou que “hai un único umbral para todos os gandeiros” pero non dixo cal era. Dixo que “o 83% dos beneficiarios serán galegos (...) e recibirán máis PAC” e indicou que “non deixará a ninguén fóra do apoio”.

En canto ao montante das axudas, a titular de Agricultura deu dados xa anunciados: que se habilitarán 45 millóns adicionais, 20,5 de fondos comunitarios e 20 do orzamento do estado. Unhas partidas, dixo, que “se sumarán aos 250 que recibirán da PAC”.

“Un acordo voluntario non pode ter sancións”

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por outra parte, a ministra defendeu o Acordo acadado, e atacou á deputada do BNG por  “defender cousas inviábeis”, en relación á demanda de que haxa un prezo de referencia obrigatorio e con sancións para que se cumpra. Na súa resposta a Ministra deixou claro que está en contra dun réxime de sancións no caso de que non se cumpran os prezos, e apelou “á legalidade existente” para defender o carácter voluntario da referencia de prezos. Nese sentido, sostivo que “un Acordo voluntario non pode ter un réxime de sancións”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada