Viña

A IXP “Viños Ribeiras do Morrazo” xa conta con recoñecemento en España

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/09/2016 10:12 a.m.

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) de viños “Ribeiras do Morrazo” terá a partires de hoxe o recoñecemento no ámbito español. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a orde pola que se adopta decisión favorable en relación coa solicitude de rexistro desta IXP, trámite co que se completa o seu proceso de rexistro e amparo en España.

A continuación, remitirase ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) toda a documentación do expediente, para que este, á súa vez, transmite a solicitude á Comisión Europea, co fin de acadar o recoñecemento da IXP a nivel comunitario.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou este xoves a adega “Os Areeiros”, no concello pontevedrés de Vilaboa, un dos que forma parte da área protexida pola nova IXP.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta indicación xeográfica púxose en marcha a petición dun grupo de viticultores e elaboradores da zona do Morrazo e concellos próximos que querían distinguir os seus viños no mercado cun indicativo de calidade.

Unha IXP á marxe da Denominación de Orixe Rías Baixas

Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos legais, elaborouse o prego de condicións, que establece que esta IXP será aplicable a viños brancos e tintos elaborados exclusivamente con uvas de determinadas variedades cultivadas nos termos municipais de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa.

Neste documento faise constar tamén que os viños obtidos son frescos e suaves en boca, limpos, brillantes con aromas francos nos que se aprecian as características propias da materia prima da que proceden, con graduacións alcohólicas moderadas, con aromas florais e de froitas e, finalmente, con boa e equilibrada acedume. Os viños brancos terán potente intensidade aromática e os viños tintos ben cubertos en fase visual.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No devandito prego de condicións indicase ademais que os viños amparados elaboraranse exclusivamente con uvas de determinadas variedades. Así, as brancas serían Albariño, Caíño Branco, Godello, Loureira, Treixadura, Branco lexítimo e Torrontés e as tintas Brancellao, Caíño Tinto, Pedral, Espadeiro, Loureiro Tinto, Mencía e Sousón.

Malia estar xeográfica e climáticamente na Denominación de Orixe Rías Baixas, Ribeiras do Morrazo non está integrada na mesma como unha subzona -como se fixo no seu momento coa Ribeira do Ulla- na provincia da Coruña, e decidiuse crear unha IXP propia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada