Leite

A gran cantidade de soia no mercado manterá os prezos estables

O último informe da Unión Europea sobre os prezos agrarios correspondente ao mes de abril corrobora esta tendencia á estabilidade e mesmo á baixa nos prezos da soia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/06/2015 11:31 p.m.

O Consello Internacional de Cereais (CIC) ven de publicar un informe correspondente ao mes de maio no que prevé que prevé para este ano un aumento da oferta mundial de soia, superior ao incremento do consumo. Deste xeito, os remanentes mundiais de soia experimentaron un aumento interanual do 9%, para situarse nun máximo de máximo de 52 millóns de toneladas.

Esta pasada semana, o Departamento de Agricultura de Estados Unidos (USDA, calculou unha produción mundial de soia de 317,30 millóns de toneladas, e un stok de 96,22 millóns.

Para o caso de Arxentina, aumentou a 58,6 millóns de toneladas a súa previsión de colleita de soia para o ciclo 2014/2015, dende os 57 millóns estimados en abril. A Bolsa de Rosario elevou as previsións a 59,67 millóns de toneladas. En canto á súa propia produción, o Goberno dos Estados Unidos rebaixouna lixeiramente a 104,78 millóns de toneladas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estas boas previsións de sementeira están provocando un retroceso nas cotizacións da soia na Bolsa de Chicago. “Vai ser difícil para a soia esta tempada, porque os stocks mundiais están a un nivel récord, hai un exceso de oferta e prevese un aumento dos cultivos”, apuntan os inversores en commodities.

[caption id="attachment_10004" align="aligncenter" width="660"] Evolución do prezo da soia. Autor. indexmundi.com[/caption]

Prezos na Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O último informe da Unión Europea sobre os prezos agrarios correspondente ao mes de abril corrobora esta tendencia á estabilidade e mesmo á baixa nos prezos da soia. Así, o prezo medio mundial da soia situouse en 367,4 euros a tonelada, un 1,5% menos que no mes de marzo e cun descenso interanual do 23,3%.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada