Leite

A gandería Blanco, de Lalín, gran trunfadora do XXV Concurso Autonómico da raza Frisona na Semana Verde

A súa vaca Blanco Asia ET acada o título de Gran Campioa de Galicia. Tamén recolle o premio ao mellor criador. Premio ao mellor manexador para Diego Santos Rodríguez, de SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza

Loading ad.
Ad could not be loaded.
11/06/2016 5:59 p.m.

Blanco Asia ET propiedade da gandería Blanco, de Lalín (Pontevedra), obtivo hoxe o premio Vaca Gran Campioa de Galicia no XXV Concurso Autonómico da Raza Frisona FEFRIGA´16, o cal tivo lugar no marco da 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. A Reserva Gran Campioa foi para Blanco Estefania, da mesma gandería lalinense.

Por outra banda, o galardón de Mellor Criador de Galicia recaeu tamén na gandería Blanco, sendo o segundo posto para Casa Pozo, de Lugo.

Onte xa se decidira no marco deste certame a Xovenca Gran Campioa de Galicia Fefriga 2016, premio co que se alzou Blanco Alizec Irene Selva ET, tamén da gandería Blanco, sendo a reserva gran campioa Rey 691 Negara Mccutchen, de SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En total, aos certames presentáronse 101 exemplares de alta xenética, dos cales 54 procedían de ganderías da provincia de Pontevedra, 29 de Lugo e 18 de A Coruña.

Xóvenes manexadores

No marco da 39ª Abanca Semana Verde tamén se celebrou o XXXII Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores “Memorial Luís Louzao”, patrocinado por Abanca. O Campión foi Diego Santos Rodríguez, de SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza, mentres que o subcampión foi Alberto Iglesia Vila, da mesma gandería. En canto á Mención de Honra, recaeu en Avelino Souto Rozados, da gandería Midón, de Lalín (Pontevedra).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Organizados pola Federación Frisona Galega (Fefriga), todos os concursos foron xulgados por Guiseppe Quaini, xuíz internacional da Asociación Holstein de Italia.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada