Leite

A FRUGA denuncia falsos positivos na campaña de saneamento da tuberculose bovina

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/01/2024 12:51 p.m.

A Federación Rural Galega (FRUGA) considera que "as actuais campañas de saneamento que se están a realizar polo país, están levando consigo un importante número de sacrificios de animais, como consecuencia dunha reacción á proba de tuberculose".

"Moitos destes animais, cando acoden ao matadoiro e son analizados a través dunha proba postmorten, confírmase que eran animais sans, que non padecían ningún tipo de patoloxía pola cal deberían ser eliminados", advirten.

Neste sentido, a FRUGA denuncia que "se trata dun protocolo moi agresivo cos gandeiros e gandeiras, que impide que se realice unha proba de contraste para saber se as reaccións do animal se deben a outro tipo de enfermidades, como pode ser a gripe aviar". 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, reclaman que "se bote man doutro tipo de probas desbotando os criterios iniciais das campañas de saneamento que xustificaban a necesidade da erradicación da tuberculose bovina".

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada