Axenda

A Feira do Viño de Vilachá exalta os viños de Ribeira Sacra nunha contorna única

29/04/2016 10:38 a.m.

Este fin de semana celébrase a XXV Feira do Viño de Vilachá, no municipio lucense da Pobra de Brollón. A feira exalta os viños da Ribeira Sacra producidos nas ladeiras do Sil e unha contorna única: as centenarias adegas de Vilachá de Seadur.

E é que son decenas as adegas que se atopan en Vilachá, conformando un dos conxuntos de arquitectura vitícola máis valiosos de Galicia. Neste marco, os visitantes e adegueiros compartirán os viños da Ribeira Sacra durante esta fin de semana.

O programa é o seguinte:

Sábado 30 de abril:
18:00h Pasarrúas cos Grupos de Cantos de Taberna: CON TON E SON, OS ESTOUPAFOLES, OS CORENTA E CHINCO BOYS, PINGALLEOMOCO e OS MESMOS
21:00h Gran Chourizada
22:30h Actuación do grupo folck MILESIOS.

Domingo 1 de maio:
11:30h Alborada co Grupo de Gaitas dá Escola de Música Samoeiro
12:00h Pasarrúas cos Grupos de Cantos de Taberna: AS DIRINDAINAS, OS TABERNOS, OS AMIGOS DO CALDEIRO, AS LUCECÚS e OS PALLETAS.
13:00h Pregón a cargo de D. José Manuel Rodríguez González (Presidente do CRDO Ribeira Sacra).
15:30 Actuación dá Charanga COMPOSTELA

Haberá autocares de regreso a Pobra e a Monforte ás 3:30 h do domingo.

Etiquetado
Ir a la portada