Viña

A EVEGA pide colaboración para atopar vides antigas en Galicia

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia fai un chamamento a todas as persoas que teñan coñecemento da existencia de vides antigas para se que poñan en contacto co centro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
04/05/2015 5:06 p.m.

Dende a creación da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), no ano 1985, estase a traballar na recuperación, conservación e estudo das variedades de vide que estiveron e están presentes en Galicia.

Froito destes traballos foi a creación dunha Colección de Variedades de Vide, que é a máis importante reserva de material xenético de vide de Galicia e conta actualmente cun total de 274 variedades que representan 67 castes distintas.

Continuando con este labor, a EVEGA quere facer novas indagacións para a posible localización de exemplares de vide que aínda non formen parte da colección. Esta nova fase de busca faise ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural. Acción: Recompilación, conservación e caracterización de recursos fitoxenéticos de vides en Galicia. Submedida 214.2.4 Conservación de recursos xenéticos na agricultura.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido, a EVEGA fai un chamamento a todas as persoas que teñan coñecemento da existencia de vides antigas para que se poñan en contacto co centro, ben na súa sede en Leiro (Ourense); chamando ao teléfono 988 488 033 ou enviando un correo a emilia.diaz.losada@xunta.es

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada