Axenda

A EVEGA organiza un taller práctico sobre defectos do viño

01/06/2016 10:05 a.m.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) organiza o vindeiro 8 de xuño un taller práctico sobre “Defectos do Viño: novos procesos de detección e corrección”. O obradoiro celebrarase no edificio do Centro de Saúde de Leiro (Ourense).

A inscrición é gratuíta. As persoas interesadas deberán inscribirse a través da páxina web da EVEGA. As solicitudes deberán enviarse cumprimentadas a evega.medio-rural@xunta.es ou por fax ao 988 788 099

Etiquetado
Ir a la portada