Viña

A EVEGA descobre 9 variedades de vide exclusivas de Galicia

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia participa nun proxecto estatal de investigación que permitiu descubrir en España 301 novas variedades de vide.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/03/2015 11:59 a.m.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) participou nun proxecto estatal de investigación que permitiu descubrir en España un total de 301 variedades minoritarias novas de vide. A EVEGA –centro dependente do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), da Consellería do Medio Rural e do Mar– lidera un dos subgrupos do proxecto, coordinando os traballos do norte de España (Asturias, Cantabria, País Vasco e Galicia). A Estación galega aportou ao conxunto o material conservado na colección de variedades de uva máis completa e antiga de Galicia, que conta con 274 entradas con 67 variedades distintas.

A EVEGA incorporou 17 novas variedades, 9 das cales son exclusivas de Galicia

As prospeccións do último ano realizadas pola EVEGA supuxeron a análise molecular de 70 mostras, que representan 17 novas incorporacións ao banco, das cales 9 non se identificaron con ningunha das estudadas no resto das comunidades españolas. Isto dá idea do alto potencial de diversidade xenética existente en Galicia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os resultados do proxecto estatal de investigación para harmonizar as coleccións de vide española e a realización de novas prospeccións presentáronse no Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA), acadando os seguintes resultados: o número de variedades de vide española duplicáronse segundo os datos aportados polo proxecto, pasando das 235 variedades diferentes de vinificación e mesa coñecidas a 536, é dicir 301 novas máis.

España, o sexto país con máis variedades de vide

Nesta iniciativa participan un total de 25 centros de investigación –entre eles a EVEGA– e máis de 70 investigadores. Está financiada con 132.671 euros polo INIA, sendo a primeira vez que desde as transferencias ás comunidades autónomas se realiza un proxecto do sector vitícola no que participan todas as autonomías.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Con este traballo preténdese unificar a documentación xerada na recolección e conservación de material vexetal en coleccións de acordo ás normas internacionais da FAO. Completouse o inventario de Recursos Fitoxenéticos que existe nas diferentes institucións españolas, de modo que se completen os datos de conservación da vide en España.

O novo descubrimento contribuirá a diversificar o viñedo de España, que ocupa a sexta posición no cómputo total de variedades (con 155 cultivadas), liderado por Italia (con 400 variedades) e Portugal (con 308), seguidos por Croacia, Grecia e Francia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada