A EFA Fonteboa organiza para o mes de abril unha viaxe técnico profesional a Francia para coñecer de primeira man como traballan e se organizan as explotacións de vacún de leite francesas.
O programa é o seguinte:
Saída: Venres 15 de abril ás 10,00 h
Sábado 16: Visita a Granja San José (Tamarite de la Litera – Huesca)
Domingo 17: Viaxe desde El Grado (Huesca) a La Guyonnière (La Vendée – Pays de La Loire), con
visitas guiadas ao santuario de Lourdes e a cidade de Pau (Pyrenées Atlantiques – Aquitaine)
Luns, Martes, Mércores e Xoves: Programa de traballo (ver obxetivos e contidos)
Regreso: Venres 22 de marzo ás 14,00 h.
Obxectivos:
Descubrir iniciativas sobre valorización da produción de leite para a mellora da eficiencia productiva no actual escenario sen cotas.
Analizar modelos de asociacionismo e de cooperación entre profesionais
Estudar os modelos de xestión de maquinaria: Cumas e empresas de servizos agrarios
Coñecer iniciativas de diversificación das producións como vía para a sustentabilidade da empresa
Intercambiar cos profesionais da rexión Pays de la Loire sobre os escenarios de produción no marco da PAC 2014-2020
Contidos:
Visitas técnicas e coloquios sobre os seguintes temas:
Iniciativas sobre valorización das producións agrarias: transformación en orixe, sistemas de venda alternativos…
Diversificación das producción na empresa agraria: leite, producións intensivas, producións tradicionais e locais, aproveitamento dos recursos xerados na explotación.
Integración das empresas agrarias en estructuras asociativas: Grupos de Estudo e Desenvolvemento Agrario, Grupos de Interese Económico, Cooperativas de aprovisionamentos e de comercialización
CUMAS (constitución, xestión, innovacións en maquinaria…)
As funcións da actividade agraria no medio rural: produción de alimentos, función ambiental, territorial e social
Escenarios para o sector agrario no marco da PAC
Xestión municipal e desenvolvemento local
Organiza: CENTRO DE PROMOCIÓN RURAL - EFA FONTEBOA en colaboración có Centre de Formation et Promotion – Institut de Formación Superieur "MESLAY" www.meslay.org
Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa Tlf.: 981 733 051 Fax.: 981 734 097 fonteboa@efagalicia.org www.fonteboa.es Centre de Formation et Promotion Meslay
85600 La Guyonnière (France) Tlf.: 00 33 2-51488484
Importe:
Socios da Asociación EFA Fonteboa: 370 €
Non Socios: 395 €
(Inclúe: Viaxe de ida e volta, pensión completa durante a estancia e documentación)
Inscripcións:
Ata o mércores 13 de abril de 2016
Ingresar o importe da viaxe en:
Abanca Oficina de Coristanco Nº Conta: ES91 2080 0071 20 3040001354 da Asociación EFA Fonteboa
Aspectos a ter en conta: levar dni e tarxeta sanitaria, cámara de fotos, libreta ou carpeta grande, block-libreta,pequena de peto a comida (picnic) do venres 15 vai por conta propia