Viña

A DO Ribeiro controla a vendima en tempo real

A denominación de orixe Ribeiro estrea unha nova app que mellora a transparencia e permite un control en tempo real da vendima. Destacan que a calidade da uva “é unha das mellores dos últimos anos”

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/09/2015 7:41 p.m.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso, xunto co presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, presentaron hoxe unha aplicación informática que permitirá o control en tempo real da vendima, tanto da uva que entra nas adegas da Denominación e do seu estado e características, como das cantidades que vende cada viticultor.

Trátase dun proxecto no que o Consello Regulador leva traballando 14 meses e que se estrea nesta vendima en 25 tablets que permitirán aos inspectores da DO axilizar, perfeccionar e facer máis transparente o seu traballo de control.

O proxecto foi financiado pola Deputación de Ourense cun investimento de 50.000€. Para o Consello Regular trátase dun paso máis na garantía de calidade dos seus viños desde a viña ata o mercado, tal e como queda reflectido nos obxectivos do Plan Estratéxico 2014-2016.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mediante este sistema, axilízanse notablemente os controis de vendima dos inspectores que verifican as entregas realizadas nas distintas adegas, ao envorcarse os datos na nube de información que a posteriori pasarían ao servidor do Consello Regulador e na web, tendo deste xeito acceso aos datos de inmediato tanto o propio Consello como os correspondentes operadores.

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro salientou que “deste xeito poñeremos en valor ao Ribeiro e garantiremos o proxecto desde o viñedo ata a botella realizándoo cunha transparencia total para que se saiba todo o que se está facendo ante todos ata chegar ao consumidor final”.

Vendima 2015: unha das mellores en calidade da uva e un 25% superior á do pasado ano

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_15428" align="alignleft" width="300"] Uva Treixadura de gran calidade[/caption]

Por outra banda, desde o Consello Regulador destacan que “a vendima está a presentarse como unha das mellores dos últimos anos, equilibrada en cantidade e cunha maduración e sanidade exquisitas”.

En canto ás previsións de cantidade, desde a DO Ribeiro informan de que “levamos recollido un 12% dos 14 - 15 millóns de quilos de uva que estimamos recepcionar, o que nos sitúa na media da Denominación de Orixe e que supón un aumento do 25 % con respecto ao recolleito na anterior colleita, aínda que se atopa dentro da produción normal da D.O” .

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada