Agricultura

A Deputación de Pontevedra insta á Xunta a cofinanciar a Estación do Areeiro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/07/2016 5:59 p.m.

A Deputación de Pontevedra pedirá á Xunta que se involucre e financie a actividade da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da institución provincial pero que presta servizos a administracións e entidades de toda Galicia. Así o manifestaron hoxe a presidenta Carmela Silva e a deputada delegada do centro, Eva Vilaverde, logo de realizar unha visita aos laboratorios e terreos situados en Lourizán.

A presidenta mostrou o seu “orgullo” por ter unha Estación Fitopatolóxica “deste gran nivel, recoñecido a escala mundial”. Lembrou que dende a Deputación “é un servizo que coidamos con especial cariño e atención porque se adica a cuestións que son o futuro como a investigación e unha maior eficacia e eficiencia tanto no uso do solo como na loita contra as pragas”. Sinalou que é “fundamental” debater o seu funcionamento co Goberno galego: “A EFA mantense con fondos da Deputación de Pontevedra e sen embargo presta servizos ao conxunto de Galiza”, dixo, para engadir que na reunión pendente con Núñez Feijoo plantexará a necesidade de que as dúas administración “poñan en valor sinerxias” para tirar máis rendemento do traballo feito.

“A Estación do Areeiro realiza un traballo para toda Galicia”

Pola súa banda, a deputada Eva Vilaverde, sinalou que “a Estación Fitopatolóxica de Areeiro está a cumplir un servizo necesario para traballadoras e traballadores do campo galego que o Goberno da Xunta é incapaz de prestar por si mesmo”. Lembrou o traballo que se realiza de análise de solos, de pragas e cultivos para todo o sector primario das catro provincias galegas -e incluso do exterior-, e sinalou que se trata dunha área competencia da Xunta de Galiza.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Neste sentido, incidiu en que a día de hoxe os custes de mantemento do centro, a pesares de dar servizo a todo o país, “saen das transferencias que recibe a Deputación de Pontevedra para os pontevedreses”. “En calquera caso –dixo-, dende o Goberno provincial seguirase a traballar para mellorar a súa xestión e proporcionar un servizo de calidade a todos os agricultores e administracións que o precisen. O noso obxectivo é ofrecer un traballo rigoroso para seguir medrando como centro de referencia”.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada