Axudas

A Deputación da Coruña convoca axudas para entidades do agro

O organismo provincial abre liñas de subvencións para investimentos e actividades. Van dirixidas a cooperativas, sociedades de transformación, montes veciñais e asociacións agrarias

Campo Galego 25/11/2015 6:11 p.m.

A Deputación da Coruña vén de abrir as liñas de subvencións dirixidas a entidades agrarias da provincia. O organismo provincial financiará investimentos e actividades de cooperativas, sociedades agrarias de transformación, montes veciñais e asociacións agrarias e forestais. O prazo de solicitude ábrese mañá xoves 26 de novembro e permanecerá aberto ata o 15 de xaneiro do 2016.

As axudas a investimentos van dirixidas a apoiar ás entidades agrarias en cuestións como infraestruturas, equipamentos e sistemas informáticos. Os importes das subvencións concedidas moveranse entre 600 e 30.000 euros.

En canto ó apoio a actividades, a Deputación subvencionará aspectos como programas de formación, a contratación de persoal técnico ou alugueres varios.

Tamén se publicaron as bases das axudas de promoción económica, dirixidas a entidades para subvencionar, entre outras cuestións, o apoio á comercialización de produtos do agro.

Máis información das axudas da Deputación
- Liña de axudas para investimentos en entidades asociativas do agro.
- Subvencións a actividades de entidades asociativas agrarias.
- Axudas para promoción económica.

Etiquetado
Ir a la portada