Leite

A crise do sector lácteo tamén prexudica ás queixerías españolas

O último informe de Alimarket alerta da diminución do prezo de venda, da forte caída de vendas dos queixos españois e da entrada de importacións a moi baixo prezo. Espérase que o previsible aumento do prezo do leite no segundo semestre corrixa a situación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/07/2016 10:02 a.m.

O último informe de Alimarket sobre a situación do sector do queixo en España advirte do descenso do consumo de queixo de libre servizo, así como da diminución do prezo de venda ao público, no que inflúe a entrada de importacións a moi baixo prezo. A consultora espera que a situación se empezo a corrixir “no segundo semestre de 2016, cando se materialice a previsible modificación á alza do prezo medio da materia prima láctea”.

En concreto, segundo Alimarket o consumo de queixo en libreservicio presentou un descenso ata febreiro do 2,67%, para situarse na contorna das 191.500 toneladas cun valor de mercado de 1.392 millóns de euros, un 1,32% por baixo do período anterior. É de destacar tamén a forte caída que rexistra a venda de queixos nacionais que retrocede nos doce meses analizados un , -ata febreiro de 2016- un 14,06%, aínda que é certo que o seu valor incrementouse nun 9,65%.

Segundo fontes do sector consultadas por Alimarket, os desequilibrios no mercado lácteo, cun importante número de operacións especulativas na canle tradicional e foodservice, así como o maior poder de negociación da distribución organizada, repercutiron na consecuente diminución do prezo de venda do queixo e na rendibilidade das queixerías. A isto engaden entrada en España de produto doutros países da Unión Europea a moi baixo prezo

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Datos positivos para os queixos frescos, de pasta veteada e de importación

Por segmentos do mercado, segundo o informe de Alimarket a venda de queixos de pasta prensada nacional baixou ata febreiro de 2016 ata representar o 68,8% do total -un 69,4% no período anterior-. En valor a caída foi menor: dun 70,6% do total do valor do mercado en distribución pasou a representar o 70,5%.

Pola contra, aumentou o peso do queixo de pasta prensada de importación, pasando de supoñer o 18,9% ao 19,1% en volume pero descendeuse lixeiramente valor, do 17,8% ao 17,7% do total, polos menores prezos de importación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ao queixo fresco, creceu en volume pero baixou en valor. En concreto, en volume pasou de representar o 5,7% do total ao 6,3%, pero en valor baixou do 5,6% ao 5,3%. Idéntica caída de prezos produciuse nos queixos fundidos, que pasaron do 2,8% do valor total do mercado de queixos ao 2,4%, unha caída maior que se descenso en volume: pasou do 2,8% ao 2,6%.

Pola contra, os queixos de pasta veteada, mantivéronse estables en volume, un 1,6% do total, pero creceron notablemente en valor, pasando do 1,6% ao 2,0%. Evolución positiva tamén a experimentaron os queixos de pasta branda: baixaron lixeiramente en volume do 1,5% ao 1,4% pero subiron en valor do 1,5% ao 1,7% do valor total das vendas de queixos en España.

[box style="0"]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As queixerías galegas: entre as de menor volume de vendas

Outro dato que chama a atención do informe de Alimarket é pouco peso da queixerías galegas no contexto español. Así entre as principais empresas fabricantes e importadoras de queixos en España temos que baixar ata o posto 40 para atopar a primeira galega, Lácteos Casa Macán, de Taboada (Lugo), que en 2015 elaborou 3.000 toneladas de queixo; seguida por Innolac, de Castro de Rei (Lugo), no posto 46, con 2.100 toneladas, e a maior distancia, no posto 61, Lácteos Pérez Olveira, con 1.500 toneladas, e Queserías Prado no posto 65 con 1.300 toneladas de queixo.

O primeiro posto no ránking ocúpao o Grupo Teodoro García Trabadelo (TGT), con sede en Cataluña e que en 2015 fabricou e importou 150.000 toneladas de queixo. Este xigante do sector é precisamente o que poxa neste momento por adquirir as dúas plantas de Lácteos Pérez en Santa Comba e no Pino, con competencia coa oferta de Dairylac.

[/box]

 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada