Leite

A Consellería impulsará un plan estratéxico de fortalecemento do sector lácteo

Ángeles Vázquez explicou que o obxectivo desta iniciativa, á que agarda que se sumen todos os axentes da cadea de valor do leite, é facer un seguimento puntual e exhaustivo dos seus principais indicadores

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/11/2015 2:46 p.m.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, anunciou hoxe que o seu departamento vai impulsar a creación dun Plan Estratéxico de Fortalecemento do Sector Lácteo, coa participación de todos os axentes da cadea de valor do leite en Galicia, xunto coa Administración autonómica.

A conselleira indicou que trasladará esta proposta o vindeiro día 26 de novembro na reunión que ten programada con parte do sector e que a súa intención é que se sumen a este plan os representantes dos produtores, industria e distribución. “O obxectivo é concitar os esforzos de todos os actores do sector, para garantir un seguimento puntual e exhaustivo, de presente e futuro, dos seus principais indicadores, en beneficio de toda a cadea de valor”, sinalan dende Medio Rural.

Reparto das axudas do anticipo da PAC por provincias

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ángeles Vázquez fixo este anuncio na súa visita a 2 explotacións leiteiras situadas no concello lugués de Vilalba e nas que destacou tamén que a provincia de Lugo é a máis beneficiada, dentro de Galicia, do anticipo das axudas da Política Agraria Común (PAC) que hoxe empezaron a cobrar os máis de 26.000 agricultores e gandeiros galegos, por un importe total de 65,3 millóns de euros.

Así, segundo salientou a titular de Medio Rural, tanto a maioría dos beneficiarios (10.397) como a maior parte dos fondos pagados (30,1 millóns de euros) corresponden á provincia lucense. Deste xeito, case o 40% dos beneficiarios e arredor do 46% do importe pagado pertence a Lugo.

No resto das catro provincias galegas, a distribución dos pagamentos é a seguinte: Un total de 9.575 beneficiarios son da Coruña, cunha axuda de 24 millóns de euros; en Pontevedra son 2.805 persoas cun importe de 6,2 millóns de euros; e, finalmente, Ourense acapara 4,9 millóns de euros para 3.230 beneficiarios.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Visita ás SAT Revolta e San Martiño

A conselleira, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, achegouse esta mañá ata as sociedades agrarias de transformación (SAT) San Martiño e Revolta. A primeira delas agrupa a un total de 6 socios, cunha idade media de 43,3 anos. Ten unha cabana de 400 cabezas. Pola súa parte, a SAT Revolta está tamén constituída por 6 socios, cunha idade media de tan só 39,5 anos e conta con 385 cabezas de gando.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada