Leite

A conselleira reúnese coa ministra de Agricultura para avaliar as medidas de apoio ao sector lácteo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/11/2015 12:59 a.m.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse onte pola tarde en Madrid coa ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, para facer seguimento da situación de crise de prezos no sector lácteo e para avaliar as medidas de apoio postas en marcha polos gobernos da Xunta e do Estado.

A conselleira trasladoulle á ministra a súa confianza en que o acordo lácteo teña unha incidencia positiva nos prezos e insistiu en que “é preciso darlle tempo para ver os seus froitos”. Neste senso, Ángeles Vázquez agradeceulle as xestións levadas a cabo polo Ministerio para impulsar dito acordo, “posto que ofrece por primeira vez a posibilidade de dar estabilidade, sustentabilidade e transparencia a este sector tan estratéxico para Galicia”, sinala a Consellería a través dun comunicado.

Precisamente, a vindeira semana reunirase o Comité de Seguimento do Acordo Lácteo para analizar e valorar os prezos acadados no mes de outubro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ángeles Vázquez e Isabel García Tejerina abordaron tamén outros temas de interese, como o calendario da aplicación do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia para o período 2014-2020. A conselleira e a ministra falaron ademais da colaboración en materia de mellora de infraestruturas no rural, especialmente no relativo aos camiños e accesos ás explotacións.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada