Leite

A Aula de Produtos Lácteos inaugura a súa nova sede

O centro incrementa a súa oferta de servizos para a industria do leite e aspira a converterse nunha plataforma tecnolóxica do sector agroalimentario

Loading ad.
Ad could not be loaded.
José Luis Ramudo 02/06/2015 11:32 a.m.

A Aula de Produtos Lácteos (APL), que depende da Universidade de Santiago de Compostela, estreou a súa nova sede en Lugo despois dun investimento próximo aos doce millóns de euros, unhas instalacións coas que pretende converterse nunha auténtica "plataforma tecnolóxica", aberta a toda a industria agroalimentaria e con proxectos propios de investigación.

En declaracións aos medios de comunicación, o reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, recordou que se realizou "un investimento moi importante de fondos FEDER" para chegar "á culminación" do traballo que veu desenvolvendo nos últimos anos a Aula de Produtos Lácteos.

A nova sede tamén vai supoñer "unha innovación", engadiu, porque a partir de agora a Aula de Produtos Lácteos tamén se chamará "de Tecnoloxías Alimentarias" e non se centrará en atender de forma exclusiva as demandas das empresas do sector lácteo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Vai converterse nunha plataforma tecnolóxica, no sentido de que non só se pretende atender á demanda das empresas, senón tamén facer investigación propia", dixo Viaño, quen recordou que as novas instalacións son "unha planta semiindustrial das máis importantes de Europa e Latinoamérica".

Segundo o reitor, a nova concepción desta entidade, asociada ao campus de Lugo, permitirá usar as recén inauguradas instalacións para dar servizo a outro tipo de industrias agroalimentarias, "como poden ser as conserveiras, para o secado de produtos,". "Polo tanto -engadiu- supón unha innovación importante", froito "da colaboración entre as institucións e a propia universidade, co financiamento da Unión Europea,".

A Universidade confía na colaboración entre a Aula de Productos Lácteos e o Cetal

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ao equipo que vai traballar na nova sede, o reitor recordou que estará formado, esencialmente, polos traballadores que xa estaban a prestar servizo na Aula de Produtos Lácteos na súa antiga sede.

Con respecto ás posibilidades de colaboración co Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), unha vez que a fusión entre ambas as dúas entidades quedou aparcada, Viaño confía en que as dúas institucións "colaboren" en proxectos conxuntos. "Esa é a nosa aposta", concluíu.

Declaracións da conselleira
Á inauguración, ademais das autoridades locais, tamén asistiu a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, quen destacou o "papel fundamental" que debe desempeñar a APL "como peza clave no devir do noso sector lácteo" polo seu potencial para mellorar os produtos existentes e desenvolver outros novos que deixen valor engadido.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"O sector lácteo debe traballar con cabeza e apostar por produtos de maior valor engadido" (Rosa Quintana)

De feito, recordou que as instalacións e medios técnicos cos que está dotada a "planta piloto" da APL, repartidos nun total de 575 metros cadrados -entre a área de produción, laboratorios, administración, sala de máquinas e locais de servizo- permiten "reproducir a escala reducida os procesos máis representativos da industria láctea".

Dende o seu punto de vista, o sector lácteo, que agora ten que operar nun sistema libre de cotas, debe poñerse a "traballar con cabeza" e apostar por proxectos de I+D+i que xeren un valor engadido para un produto de "alta calidade" como o que sae das granxas galegas.

Nese sentido, recordou que para adaptarse ás novas circunstancias de mercado, queda moito por facer", polo que "é indubidable que" instalacións e investigadores como os que oferta a Aula de Produtos Lácteos serán un "un elemento clave para ese desenvolvemento do sector".

"Creo que é o que o necesitamos para este escenario que se nos formula sen cotas", dixo Quintana, para dar "ese valor engadido" a un produto de "alta calidade" como o que temos en Galicia.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada