Este martes celebrouse na Pobra de San Xiao a XXI Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara, que congregou a centos de visitantes e na que se degustaron máis de 1.000 quilos deste produto.
Ademais da gastronomía, na feira tamén se celebrou un concurso morfolóxico da raza Rubia Galega, organizado por ACRUGA, e no que participaron varias gandarías da provincia. Os resultados foron os seguintes:
-Primeiro premio en touros:
Finca Villadangos, de Sabarei (O Corgo)
-Primeiro premio en xovencas:
Finca Villadangos, de Sabarei (O Corgo)
-Primeiro premio ao mellor lote:
Finca Villadangos, de Sabarei (O Corgo)
-Primeiro premio en vacas:
Manuel Pereiro
Velaquí algunhas fotos do gando premiado: