Administración convocante: Axencia Galega da Industria Forestal
Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180807/AnuncioG0520-260718-0001_gl.html
Prazo: Ata 10/09/2018
Resumo:
A Axencia Galega da Industria Forestal vén de convocar axudas para investimentos de empresas transformadoras de produtos forestais. Poderán optar ás axudas tanto microempresas como pequenas e medianas empresas que utilicen como materia prima para a elaboración dos seus produtos a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos do monte, con excepción dos agroalimentarios.
A cuantía total destinada ás subvencións é de 1,2 millóns de euros, cun máximo do 40% do gasto subvencionable. O prazo para a solicitude das axudas será dun mes.
Considéranse subvencionables os seguintes investimentos:
– Compra de maquinaria nova que estea adscrita a procesos produtivos novos.
– Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación dos investimentos obxecto de subvención.
– Tecnoloxías da información expresamente ligadas aos procesos de valorización ou á produción de novos produtos.
– Outros bens que interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
– Estudos de enxeñaría adscritos aos procesos ou técnicas anteriores.