Na tarde deste domingo entregáronse na praza barquense de Viloira os premios aos mellores viños da XIX Cata Oficial de Valdeorras, iniciativa enmarcada na celebración da XXI Feira do Viño da comarca, na que participaron 18 bodegas cun total de 43 referencias distintas (23 marcas de tinto e 20 de branco).
Os viños e as bodegas distinguidas polo xurado foron:
Viños brancos:
1º Premio- “Viñaredo”, de Adega Santa Marta
2º Premio- “D´Berna”, de Adega Guitián e Blanco
3º Premio- “Pagos de Galir”, de Adega Virxe de Galir
Viños tintos:
1º Premio- “Sampayolo Garnacha”, de Adega Sampayolo
2º Premio- “A Coronela”, de Adega O Cepado
3º Premio- “Joaquín Rebolledo”, de Adega Joaquín Rebolledo
As mencións especiais “viños doutras anadas” foron para “Lagar de Cigur Barrica 2013”, de Adega Melillas e Fillos, e “Fardelas 2015” de Adega Santa Marta.