A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar os resultados das probas de avaliación xenética correspondentes ao mes de marzo e abril.
Neste sentido, no Catálogo Internacional de Sementais destaca que un touro galego, da empresa pública Xenética Fontao, sitúase como líder no listado dos 200 mellores touros xenómicos. Trátase de Pentagon K&L Pokemon Clun, que logra nada menos que 4.915 puntos ICO.
Séguelle a pouca distancia outro touro de Xenética Fontao, K&l JS Donsimon, con 4.900 puntos ICO, mentres que a terceira posición corresponde a un touro holandés, DG Neutron ET, CON 4.880 puntos.
Velaquí o listado dos 20 primeiros touros xenómicos, cunha fiabilidade inferior ao 80%:
E nas probas MACE de touros probados o listado está liderado por animais de Estados Unidos:
En canto ao listado de 200 mellores touros probados por ICO da proba nacional de CONAFE, a listaxe está encabezada por dous touros americanos, Chartroise Smurf e De Su Gillespy ET, con 4232 e 3948 puntos, respectivamente. A terceira posición corresponde a un touro de propiedade galega, VVH Armónico, con 3.883 puntos, pertencente a Xenética Fontao, ao igual que o cuarto mellor clasificado, RI Opsal Nissan ET, con 3.880 puntos.
Listado dos 100 mellores touros xenómicos españois
En canto ao listado dos 100 mellores touros xenómicos de propiedade española o listado está claramente liderado por Xenética Fontao, con Clun como líder indiscutible, con 4.915 puntos.