A Asociación Onda Vital organiza a segunda edición en Galicia do curso “O ABC da Agricultura Orgánica”, que impartirá Jairo Restrepo. Trátase dun curso teórico e práctico de tres días de duración que terá lugar os días 4, 5 e 6 de maio na granxa Arqueixal, en Palas de Rei, Lugo.
Jairo Restrepo impartirá formación sobre técnicas como o bocashi, os biofertilizantes, fariñas de rochas, caldos minerais, fosfitos, trofobiose…e demáis técnicas orgánicas para entender e recuperar a fertilidade dos solo.
O curso ten un prezo de 160 euros. Para máis información escribir a ondavital.info@gmail.com ou chamar ao 646076287.