Data inicio: 23/03/2018
Data fin: 24/03/2018
Lugar: Centro Cultural de Porriño, Porriño (Pontevedra).
A XXX Feira Apícola das Rías Baixas celébrase o sábado 24 de marzo ó longo de todo o día en Porriño. A actividade, que está organizada pola Agrupación Apícola de Galicia e pola Agrupación de Apicultores de Pontevedra, inclúe unha xornada técnica e un mercado no que se poderá adquirir mel, material de apicultura e produtos artesáns. Para o día anterior, o venres 23, programáronse tamén obradoiros de trampas de velutinas e de elaboración de xabón con mel.
A Feira celébrase no Centro Cultural de Porriño a partir das 10 h. da mañá do sábado 24. Detállase a continuación o programa da xornada técnica da Feira:
10.15 h. – Própole: métodos de recolección (Félix Adanero Jorge, doutor en Farmacia pola Universidade de León).
11.15 h. – Control da mortalidade e produción intensiva (David Sousa Alonso · Técnico apícola en Eco Abella S.L.).
12.30 h. – Inauguración das xornadas por parte das autoridades.
12.45 h. – Boas prácticas na alimentación apícola (Fina Gonell Galindo · Pajuelo Consultores Apícolas S.L.).
14:30 h. – Almorzo (só para socios da Agrupación Apícola de Galicia). Prezo 20€. – Reservas en info@naranjalimon.es
17 h. – Taller de nutrición e alimentación das abellas (Fina Gonell Galindo· Pajuelo Consultores Apícolas S.L). Este taller ten as prazas limitadas a socios/as da AAPP e Agrupación Apícola de Galicia. Inscripción previa en apicultoresvigo@yahoo.es
20 h. – Asemblea e actividades do ano 2018 da Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra (AAPP).
21 h. – Peche da feira.
Obradoiros
O día anterior, o venres 23, está prevista a celebración de obradoiros dirixidos a cativos e adultos entre 16.30 e 19.30 horas. Os obradoiros, que se desenvolverán na Escola Municipal de Música, versarán sobre a elaboración de xabón con mel e outros produtos da colmea, así como sobre a elaboración de trampas para a vespa asiática. As persoas participantes poderán levar para casa as trampas ou xabóns que elaboren.
A participación nos obradoiros require reserva previa en info@naranjalimon.es.