A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que se reúne semanalmente no mercado de Amio, acordou esta semana unha suba de 4 céntimos quilo nos prezos das canais da calidade Suprema e de 2 céntimos na calidade convencional. Os vogais coincidiron en apreciar unha notable baixada na oferta de Suprema.
En canto á Mesa de Prezos de Abasto, que decide as cotizacións de gando de recría, becerros de abasto para sacrificio e vacún maior, esta semana mantéñense os valores da sesión anterior.
A asistencia de gando á feira de onte foi de 2.419 reses, 22 menos que no pasado mercado. Houbo 1.861 cabezas de vacún menor, 259 de vacún mediano e 289 de vacún grande.
Máis información
– Táboa completa de cotizacións de Amio (Pdf).