Noticias de empresa

A Evega encargarase de analizar oficialmente as partidas de viño da D.O. Valdeorras

18/11/2016 12:55 a.m.

As instalacións do Consello Regulador, en Vilamartín de Valdeorras, acolleron este xoves a celebración dun pleno ordinario do organismo no que se aprobou unha iniciativa para contar coa Estación de Viticultura de Galicia (EVEGA), dependente da Xunta, como entidade encargada de analizar oficialmente as partidas de viño procedentes da D.O. en substitución da empresa de Castela-A Mancha que o viña facendo ata o de agora.

“Consideramos que, por proximidade xeográfica, contar con EVEGA, dependente da Consellería do Medio Rural, facilitará enormemente a xestión de análise”, considerou Francisco García, encargado de presidir o Pleno.

Xunto a isto, o presidente do Consello Regulador informou aos membros do Pleno de que o organismo iniciou xa contactos con universidades e centros de investigación para colaborar na posta en marcha dun método de identificación da orixe da uva, o que permitirá garantir a procedencia e a autenticidade do viños da comarca “mediante a análise dunha serie de parámetros que identifican a orixe ao 100%, tal e como xa acontece noutros países”.

Etiquetado
Ir a la portada