A Denominación de Orixe Ribeira Sacra deu este xoves por finalizada oficialmente a vendima 2016. A cantidade total de quilos recolleitos nesta campaña é de 5,578 millóns de quilos, unha colleita que segundo o Consello Regulador “sitúase na media do últimos cinco anos”.
Así, a pesar das adversidades climatolóxicas da primavera e dos episodios de saraiba rexistrados en agosto nalgunha das subzonas, a vendima deste ano baixou alto máis de 640.000 quilos respecto da gran colleita do ano pasado, pero superou ás de 2012, 2013 e 2014.
En total, os traballos de vendima en Ribeira Sacra estendéronse durante 42 días, despois do comezo oficial o pasado 9 de setembro. Desde o Consello Regulador destacan que “a uva entrou nas adegas en estado fitosanitario bo; polo que se prevé que esta colleita sexa moi boa”.
Nesta campaña 2016-2017 elaborarán viño baixo o amparo da Denominación de Orixe 89 adegas.
En canto á cantidade de quilos colleitos por variedades é:
Mencía: 4.740.964
Brancellao: 44.629
Merenzao: 50.066
Caiño: 21.881
Garnacha: 227.919
Mouratón: 2.895
Sousón: 67.558
Tempranillo: 46.717
Total Variedades Tintas: 5.202.629
Godello: 273.889
Albariño: 53.637
Doa Branca: 6.229
Loureira: 1.894
Torrontés: 2.415
Treixadura: 37.836
Total Variedades Brancas: 375.900