Tras as subas das últimas sesións, a mesa de prezos da IXP Ternera Gallega acordou esta semana manter as cotizacións sen cambios. A outra mesa de prezos que funciona no mercado de Amio, a de Abasto, acordou pola súa banda baixadas en recría e en vacún maior.
No gando de recría, caen 10 euros os prezos das femias e machos lactantes de rubia galega nas calidades extra e boa. En machos lactantes de frisona, a baixada é de 5 euros nas calidades extra, boa e regular. O resto de prezos da recría mantense sen cambios.
En vacún maior, as subclases O2 e O3 baixan 5 céntimos, en tanto que o resto do vacún e os becerros de abasto repiten cotizacións.
A asistencia desta semana ó mercado de Amio foi de 2.342 reses, 358 máis que a pasada semana. Houbo 1.868 cabezas de vacún maior, 276 de vacún mediano e 193 de vacún grande.
Máis información
– Táboa completa de cotizacións de Amio (3-8-2016)