O Sindicato Labrego Galego organiza para o mes de setembro un curso sobre elaboración de queixos e derivados lácteos.
Será entre os días 19 e 23 de setembro en Lalín. Trátase dun curso gratuíto e o encargado de impartilo será José Luis Martín, un mestre de prestixio internacional. Hai posibilidade de elixir horario de mañá ou tarde. A realización do curso está supeditada a que se cubran todas as prazas.
Para inscribirse ou obter máis información contactar con calquera das oficinas comarcais do Sindicato Labrego Galego.