Data inicio: 22/04/2016
Data fin: 22/04/2016
Lugar: Edificio UNED, Polígono Lalín 2000, Lalín, Pontevedra
A cooperativa Cobideza organiza mañá venres en Lalín unha xornada adicada a valorar as posibilidades do xirasol como alternativa forraxeira. Será ás 12 horas no edificio da UNED no polígono Lalín 2000.
Desde Cobideza consideran que o xirasol é unha opción para reducir os custos de produción das explotacións lácteas. A propia cooperativa leva tres anos facendo ensaios co xirasol. O seu presidente, Román Santalla, destaca que é posible facer dous cortes de herba na primavera antes de sementar xirasol.
O programa da xornada contará coa participación de Vicente Jimeno, profesor de enxeñería técnica agrícola na Universidade Politécnica de Madrid (UPM) e con Rafael Pérez, director comercial de Promotec. O acto está organizado pola cooperativa Cobideza e colabora tamén a cooperativa O Rodo, de Rodeiro.