O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña) organiza unhas xornadas sobre estratexias para o uso sustentable de antibióticos en vacún de leite.
Ao longo de tres días (xoves 13 de abril, xoves 11 de maio e venres 26 de maio) diferentes expertos explicarán as claves de tres áreas que inciden no uso sustentable e eficiente dos antimicrobianos nas ganderías de vacún de leite:
-A adaptación ao Real Decreto 992/2022 para un uso sostible dos antibióticos.
-A prevención da mamite e o secado selectivo.
-O valor das Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADS).
As persoas interesadas en asistir poden chamar ao 981 733 051 ou enviar un email a info@fonteboa.es
Velaquí o programa completo: