Data inicio: 14/03/2023
Data fin: 23/03/2023
Lugar: Polígono Lalín 2000, Lalín, España
Lalín acolleu na mañá deste martes a primeira das charlas informativas sobre a nova PAC programadas na comarca do Deza (Pontevedra) nos próximos días. A xornada na capital dezana celebrouse na aula da UNED, situada no polígono industrial, e contou cun importante número de gandeiros interesados nas novidades que vai introducir o novo modelo de axudas da PAC.
Ó longo dos próximos días celebraranse charlas en Silleda, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces. Todas elas terán lugar ás 10.30 horas. As xornadas están organizadas dende a oficina agraria comarcal e contan coa colaboración do Servizo Territorial do Fogga – Pontevedra.
Detallamos a continuación a data e o lugar das próximas charlas:
– Xoves 16 de marzo. Silleda. Fundación Semana Verde. Clube do expositor.
-Venres 17 de marzo. Rodeiro. Centro Cultural Manuel Lamazares.
– Martes 21 de marzo. Agolada. Casa da Cultura.
-Xoves 23 de marzo. Vila de Cruces. Auditorio Xosé Casal.