A Fundación Juana de Vega, en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo organiza a partir do 28 deste mes un curso de viticultura e enoloxía.
A formación ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a decembro, o que permite a realización de prácticas en todas as operacións que se desenvolven nun viñedo e nunha adega e que abranguen dende a implantación e o mantemento do viñedo aos procesos de elaboración do viño na adega.
Realizarase o seguimento en explotación de todo o ciclo vexetativo de variedades brancas (branca lexitima, godello, agudelo, albariño, etc.) e tintas (mencía, brancellao, merenzao, sousón, etc.) e da produción e control de elaboración de viños brancos e tintos na adega do CFEA de Guísamo.
O curso ten unha duración de 100 horas e un número máximo de 20 prazas. O custo é de 220 euros.
Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración e algunhas sesións teóricas que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros).
O horario do curso é o seguinte:
Clases en CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h.
Clases en la Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h