Este sábado celebrouse a primeira Subasta de Gando Frisón de Friol, que organizou conxuntamente o Concello de Friol e Africor Lugo. Vendéronse os 18 animáis sacados a pista, alcanzándose un volume de ventas de 53.900 euros, cun prezo medio por cabeza de 2.994 euros.
O exemplar subastado polo prezo máis alto foi Carballo, de Baixo Goal Reina, presentado pola gandería Carballo de Baixo SC de Sarria (Lugo), mercado pola gandería Xesteiro de Zas (A Coruña) por 4.800 euros. O segundo prezo más alto foi para Queiroga Goal, presentado por Casa Queiroga de O Páramo (Lugo), adquirido pola gandería Pena Guisande de O Páramo (Lugo) por 4.200 euros.
Dende o concello de Fiol queren “gradecer a Africor Lugo por ser partícipe deste evento, así como a todos os gandeiros que participaron nesta inesquecível xornada adicada a promoción do sector lácteo de Friol, sen dúbida, sin a participación de todos eles sería impensable ter a gran acollida que tivo esta poxa”.