O concello coruñés de Curtis acollerá o curso “Impulsando as competencias empresariais en explotación gandeiras”, organizado pola Consellería de Medio Rural a través de AGACAL en colaboración co municipio.
O curso comezará o 26 de outubro con diferentes sesións que se levarán a cabo de outubro a novembro.
Os obxetivos con estas formación son os de dotar aos empresarios gandeiros da zona dunha visión máis ampla e de potencial sobre a súa actividade gandeira, para despertar, no posible, a innovación nas súas actividades e a busca de maior valor engadido, así como aportar coñecementos e ferramentas, especialmente no ámbito do control e a xestión de custos.
O curso é gratuíto e os interesados en inscribirse deben poñerse en contacto co Concello de Curtis no 981 777 105 ou no 981 789 003.