A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana subir 2 céntimos os prezos de tódalas canais da categoría Suprema.
En canto ó gando de abasto que acudiu esta mañá ó Mercado de Amio, celebrado en Santiago, apréciase unha suba de 10 euros nos prezos da recría frisoa e de 5 céntimos en todas as canais do vacún de matadoiro.
Nesta feira contabilizáronse 1.740 reses, o que supón 130 animais máis que a semana pasada. Houbo 1.470 cabezas de vacún menor (216 máis que na sesión anterior), 137 de vacún mediano (1 máis) e 133 exemplares de vacún grande (87 reses menos).
Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (15-VI-2022).