A sesión deste mércores no Mercado de gando de Amio (Santiago) transcorreu case sen cambios nas cotizacións con respecto da semana pasada. A única novidade foi a suba de 10 euros da recría de cruzamentos industriais de cor.
A Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que marca cotizacións de referencia para este gando, acordou manter as cotizacións para tódalas categorías e calidades do selo.
En canto á asistencia de gando ó mercado, contabilizáronse 1.689 reses, o que supón 228 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.400 cabezas de vacún menor (202 menos que na sesión anterior), 122 de vacún mediano (15 menos) e 167 exemplares de vacún grande (11 reses menos).
Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (26-I-2022).