Data inicio: 22/11/2021
Data fin: 23/11/2021
Lugar: Casa da Cultura, Rúa Curros Enríquez, Xinzo de Limia, España
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar en Xinzo da Limia o vindeiro luns e martes unha formación sobre tramitación administrativa mediante a sede electrónica da Xunta e a Oficina Virtual Gandeira. Está programada na Casa da Cultura desta localidade ourensá, en horario de 15:30 a 20:30 horas, cun total de dez horas de duración.
O obxectivo é impulsar o emprego dos medios electrónicos no medio rural, familiarizando e formando ás persoas titulares de explotacións agrarias e aos mozos e mozas con intención de incorporarse para que saiban realizar distintos trámites tanto na sede electrónica da Xunta como na Oficina Virtual Gandeira. Así, ademais destes portais, trataranse cuestións como a Chave 365 e o certificado dixital, a guía de procedementos e servizos, solicitudes e modelos xenéricos e o sistema de notificacións electrónicas Notifica.gal.
Esta acción formativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.
No seguinte enlace pode descargarse o modelo de formulario para anotarse e as solicitudes cubertas deberán remitirse ao enderezo electrónico oac.seca.xinzodelimia@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 988788358.