A Agrupación Apicola de Galicia en colaboración coa Asociación para el Desarrollo de la Apicultura Tradicional y Ecológica (ADATE) vai realizar 4 cursos en Galicia, enmarcados dentro do proxecto: Apicultura Rural Innovadora (ARI). Este proxecto realizará un total de 15 cursos repartidos por distintos sitios da península: Castilla y León, Castilla La Mancha, Galicia e Canarias.
Todos os cursos son de balde, están subvencionados pola Fundación Biodiversidade e van dirixidos só a traballadores, tanto por conta allea como propia.
A formación apícola está deseñada a través do “Certificado de profesionalidade de apicultor” do R.D563/2011, de 20 de Abril.
A Agrupación Apícola de Galicia invita a participar a todos os apicultores/as galegos a realizar estes 4 cursos, todos son de formación mixta, cunha formación teórica online e una formación práctica, que se realizará en colaboración co CFEA Sergude. O que se pretende con esta formación mixta é axudar a ter unha formación apícola de calidade cos mínimos desprazamentos posibles, só para as prácticas, algo tan importante nestes tempos de pandemia que vivimos; e ademais axudar a que os coñecementos xerados redunden nunha mellora das súas explotacións.
Os cursos son os seguintes:
– Ubicación e instalación do apiario (duración 3 meses). Comeza o 1 de xaneiro e ten 10 horas de prácticas presenciais.
-Técnicas de manexo e sanidade (duración 4 meses) .Comeza o 1 de Decembro e ten 24 horas de prácticas presenciais.
-Produtos da colmea (duración 3 meses). Comeza o 1 de Decembro e ten 24 horas de prácticas presenciais.
-Innovación nos produtos da colmea (duración 4 meses). Comeza o 1 de Decembro e ten 8 horas de prácticas presenciais.
As prazas están limitadas a 15 apicultores/as por curso.
As prácticas son presenciais e realizaránse en fin de semana. Os días e horarios están por determinar.
Todas as persoas interesadas pódense informar en empleaverde.apicola@gmail.com