O mercado de Amio rexistrou esta semana unha suba de prezos de arredor de 5 euros no gando de recría de cruce industrial, segundo unha sondaxe realizada polo Mercado entre as persoas usuarias. En vacún maior, detectouse unha baixada de arredor de 5 céntimos nos prezos das canais de vacún maior das subclases O2, O3 e da clase P.
En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP, que serve de referencia para o sector, decidiu esta semana repetir os valores da anterior sesión.
No mercado, entraron esta semana 1.770 reses, 25 menos que a pasada semana. Houbo 1.403 cabezas de vacún menor, 171 de vacún mediano e 195 de vacún grande.
Máis información
– Táboa de cotizacións do mercado de Amio (7-VII-2021).