A Fundación Juana de Vega promove coa EFA- Fonteboa unha nova edición do curso “Estratexias de comercialización, packaging e etiquetado de produtos agroalimentarios” desde o martes 18 ao xoves 20 de maio de 2021, en horario de 9 a 14 horas. Este curso está dirixido a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios e demais persoas interesadas. A inscrición é de balde e con prazas limitadas.
O curso terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros) os días 18 e 19 e no Centro de Promoción Rural- EFA Fonteboa (Feiranova s/n, Coristanco) o 20 de maio.
Os obxectivos do curso son:
-Coñecer as novas ferramentas do marketing online e de comercialización no ámbito agroalimentario.
-Axudar a definir unha estratexia de comercialización de produtos agroalimentarios para mellorar o seu posicionamento no mercado.
-Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.