Administración convocante: Axencia Galega da Industria Forestal
Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210419/AnuncioG0520-090421-0002_gl.html
Prazo: Ata 19/05/2021
Resumo:
As empresas de aproveitamentos forestais e de primeira transformación da madeira poden acceder a axudas para compra de maquinaria e mellora de tecnoloxías. Os apoios, que cubren un 40% dos gastos elixibles, cun máximo de 150.000 euros por beneficiario, diríxense principalmente ós seguintes investimentos:
– Procesadoras forestais, autocargadores, tractocargadores e maquinaria para a primeira transformación da madeira.
– Trituradoras e rozadoras.
– Implantación da cadea de custodia de certificación forestal, así como de ferramentas de xestión empresarial.
– Bens de recolla e manexo en monte de produtos forestais non madeireiros, como castañas.
– Acondicionamento de parques para almacenaxe de materia prima.
– Equipos de medición en monte.
Pola contra, non se cubren a compra de terreos, edificios ou mobles. Tampouco a obra civil (naves), salvo aquelas obras destinadas a parques de materia prima. Quedan excluídas tamén as motoserras e rozadoras manuais, así como calquera proceso que dea como resultado un produto de consumo final.
Para acceder ás axudas, as empresas deben demostrar liquidez bancaria e acceso ó crédito, así como un nivel de facturación no último exercicio que represente cando menos o triplo do investimento previsto. Esíxese ademais que polo menos o 40% dos traballadores da empresa estean contratados a tempo indefinido.
O prazo de solicitude remata o 19 de maio. O total de fondos para as axudas é de 11,3 millóns de euros, correspondentes ós anos 2021 e 2022. A financiación corresponde ó Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia, que se nutre dun 75% de fondos europeos.