O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza o vindeiro 10 de febreiro unha “Xornada sobre a PAC para dumnies”.
A formación, de carácter gratuíto e que se impartirá online en horario de 17:00 a 19:00 horas, vai dirixida a persoas labregas ou con interese en comezar unha actividade agraria ou gandeira, e queiran coñecer de que vai iso da PAC, e se a poden cobrar ou non.
Programa:
17:00- Presentación da Xornada a cargo de Santi Rodríguez Cid, labrego da comarca de Celanova.
17:20- Ana Rodríguez- Que é a PAC? é só unha subvención?porque hai labregas ou labregos que non as cobran? Rolda de preguntas
18:20- Andrés Castro- Sei a que axudas do PDR (Programa de Desenvolvemento Rural) pode optar a miña finca ou granxa?
Rolda de preguntas e peche da xornada.