Periodo de estabilidade nos prezos do gando, que por cuarta semana consecutiva mantéñense sen cambios nas mesas de prezos de Amio. Esta semana, na Mesa de Ternera Gallega acordouse por maioría repetir as cotizacións en tódalas categorías e calidades, en tanto na Mesa de Prezos de Gando de Abasto houbo unanimidade en repetir valores para gando de recría, vacún maior e becerros medianos de sacrificio.
A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 1.797 reses, 98 máis que a pasada semana. Houbo 1.503 cabezas de vacún menor (91 máis que a pasada semana), 148 de vacún mediano (10 máis que na sesión anterior) e 146 de vacún grande (6 máis que na sesión anterior).
Máis información
– Táboa de prezos de Amio (2-XII-2021).