A Conselleira do Medio Rural e do Mar, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), leva transferidos máis de 161 millóns de euros en axudas da Política Agraria Común correspondentes ás solicitudes de 2014. Destas axudas benefícianse máis de 36.000 gandeiros.
Segundo informe o departamento que dirixe Rosa Quintana, no mes de xuño achegou 4 millóns de euros en concepto de pagos directos da solicitude única 2014, correspondendo algo máis da metade á axuda de mellora da calidade do leite e os produtos lácteos de vaca. O prazo establecido pola normativa comunitaria para abonar os pagos directos vai do 1 de decembro do ano de solicitude ata o 30 de xuño do ano seguinte.
Tendo en conta o anticipo do pago único que se transferiu a finais do pasado mes de outubro, os importes dos pagos directos da solicitude 2014 xa transferidos polo Fogga son os que se indican na seguinte táboa:
Axuda |
Importe pagado (€) |
Pago único |
108.633.663,64 |
Prima vaca nutriz |
19.303.118,05 |
Mellora da calidade da carne de vacún |
763.259,06 |
Desvantaxes específicas vacas nutrices |
4.936.239,14 |
Mellora da calidade ovino-cabrún |
1.405,48 |
Desvantaxes específicas ovino |
90.639,27 |
Desvantaxes específicas cabrún |
46.192,84 |
Mellora da calidade do leite |
2.057.501,29 |
Desvantaxes específicas vacún leite |
22.372.563,13 |
TOTAL PAGADO |
158.204.581,90 |
Ademais, en xuño deste ano tamén se transferiron máis de 3 millóns de euros das axudas de desenvolvemento rural incluídas na solicitude única, co desglose que se indica na seguinte táboa:
Axuda |
Importe pagado (€) |
Indemnización compensatoria montaña |
906.830,12 |
Indemnización compensatoria outras zonas desfavorecidas |
655.924,35 |
Axudas agroambientais |
1.546.361,32 |
TOTAL PAGADO |
3.109.115,79 |