O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicou este xoves a lista de beneficiarios das axudas da PAC 2019, co importe percibido por cada produtor.
En cumprimento da normativa comunitariai publícase na páxina web do FEGA a información dos beneficiarios de fondos procedentes do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
Neste sentido publicáronse as persoas físicas e xurídicas que recibiron fondos FEAGA e FEADER no exercicio financeiro 2019 -período comprendido do 16 de outubro de 2018 até o 15 de outubro de 2019-.
A información publicada recolle para cada beneficiario:
a) o nome e apelidos, no caso das persoas físicas; a razón social, se se trata de persoas xurídicas con personalidade xurídica propia, ou o nome completo da asociación, se é unha asociación sen personalidade xurídica propia;
b) o municipio no que reside ou está rexistrado;
c) os importes dos pagos correspondentes a cada unha das medidas financiadas polos Fondos;
d) a natureza e a descrición das medidas financiadas por calquera dos Fondos en virtude das cales se concederon os pagos contemplados no apartado c).
Porén, establécense as seguintes excepcións:
– Cando a contía da axuda recibida nun ano por parte dun beneficiario sexa igual ou inferior a 1 250 euros non se publicará o nome do beneficiario no caso das persoas físicas e estarán identificados mediante un código.
– Ademais, se estes residen nun municipio con 10 ou menos beneficiarios non se lles identificará no municipio senón na comarca