Leite

50 gandeiros lucenses visitan en Zamora a cooperativa láctea GAZA

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/11/2018 12:04 p.m.

Un grupo dunhas 50 persoas, a gran maioría gandeiros da provincia de Lugo, visitaron este mércores a cooperativa zamorana GAZA, dentro dunhas xornadas sobre transformación de produtos lácteos organizadas pola Oficina Agraria Comarcal de Lugo e pola asociación Agromuralla.

A cooperativa zamorana GAZA foi fundada hai 52 anos por gandeiros que decidiron dar o paso de transformar o seu leite. Na actualidade agrupa a 60 produtores da provincia de Zamora, dos que 48 son de vacún de leite e o resto de ovino de leite. Neste momento, esta industria láctea transforma uns 50 millóns de litros de leite ao ano e factura algo máis de 32 millóns de euros.

O seu mercado é fundamentalmente rexional, en Castela e León, tanto de leite líquida Gaza, cun prezo medio de 80 céntimos no liñal e de 37 céntimos o litro para o gandeiro, no caso do leite de vaca. Tamén venden nata líquida e leite a granel para industrias queixeiras.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Roberto López, presidente de Agromuralla: “Os gandeiros temos que participar nos procesos de transformación do leite”

Roberto López, presidente de Agromuralla, valorou moi positivamente esta visita. “Os gandeiros temos que participar nos procesos de transformación do leite, ben sexa a través de cooperativas ou doutras iniciativas”, asegura.

Neste sentido, destaca de GAZA “as normas moi claras a nivel interno tanto para ser socio, como para deixar de selo, o que fai que o funcionamento sexa serio e profesional”. Así, subliña a importancia das aportacións de capital que fan os socios, 25.000 euros de media cada un na última ampliación de capital que fixo a cooperativa; o feito de que se un socio véndelle o leite a outra industria láctea deixa de ser membro da cooperativa e non volverá a poder selo, ou as limitacións internas que se establecen á produción, cun incremento anual máximo do 5%. As cotas pódense vender entre os socios da cooperativa, en caso de cese da actividade na gandería.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Con este tipo de funcionamento interno poden manter un número estable de socios e cuns moi bos prezos do leite”, subliña Roberto López.

Máis imaxes da visita a GAZA e da xornada na Aula de Produtos Lácteos da USC: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada