Viña

25 distincións Gran Ouro para os viños de Valdeorras na Guía Paadín 2022

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/02/2022 12:49 p.m.

A Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2022 foi presentada este venres na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras por Luis Paadín e Alejandro Paadín, autores da obra. No acto, que contou coa presenza do presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, púxose en valor que este ano a Guía distingue con “Gran Ouro”, o máximo recoñecemento da publicación, un total de 25 referencias valdeorresas. Co selo de “Ouro+” cualifícanse 23 viños, co de “Ouro”, un total de 75 e co de “Prata”, 37. En total son 160 as referencias de Valdeorras distinguidas na guía.

Distincións Gran Ouro

As referencias (e adegas) distinguidas coa Medalla Gran Ouro na presente edición da Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia son as seguintes:

BRANCOS:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A Coroa Lías 2019
200 Cestos de A Coroa 2019
As Sortes do Bibei 2018
Avancia 2019
Avancia Nobleza 2020
Cepado Black Edition 2020
Fardelas de Viñaredo 2019
Finca Trasdairelas 2019
Godeval 1986 2017
Guitián +50 Meses 2014
O Luar do Sil Sobre Lías 2017
O Luar do Sil Vides de Córgomo 2019
Sorte O Soro 2019

TINTOS:

A Coroa Ladeira Vella 2017
As Caborcas 2018
Avancia 2019
A Villeira As Ermitas 2018
D’Berna “Ele” 2017
Escada 2018
Escada Lembranzas 2017
Lagar do Cigur Mary Ginzo 2015
Memoria de Ventura Garnacha Tintureira 2018
O Diviso 2018
Traste 2017
Vella da Chaira do Ramiriño 2018

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada