Carne

225 gandeiros de ovino e caprino recibiron axudas da Xunta pola caída de vendas provocada pola Covid19

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/01/2021 10:47 a.m.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se notifican as axudas xestionadas pola Xunta para paliar as dificultades de comercialización de años e cabritos durante os meses de marzo e abril do ano pasado, a causa da emerxencia sanitaria por mor da covid-19. Así, un total de 225 explotacións ovinas e caprinas galegas resultaron beneficiarias dun importe global de 62.705 euros, que xa se lles aboaron integramente con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado.

Cabe lembrar que o presuposto máximo ao que podían acceder os produtores de años e cabritos galegos era de 62.952 euros. Por provincias, a de Ourense é a que aglutina a meirande parte de beneficiarios -cun total de 131-, séguea Lugo con 71, A Coruña con 15 e finalmente Pontevedra con 8. Calcúlase que estas explotacións contan cun total de 6.779 animais subvencionables, isto é, femias elixibles afectadas pola redución da comercialización de años e cabritos.

Cómpre recordar que podían beneficiarse destas achegas as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que contasen cunha explotación de ovino ou cabrún e presentasen en 2020 a solicitude única da PAC. Isto é, da orde que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nesa liña, debían ser beneficiarios ademais do pago das liñas de axuda por ovella e cabra que regula esa orde da Política Agraria Común. Así mesmo, os interesados tiñan que estar inscritos no rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA) cunha clasificación zootécnica de reprodución para a produción de carne, de leite ou para a produción mixta con máis de 10 femias reprodutoras conforme á última declaración censual obrigatoria e debían ter un límite mínimo de movementos de saída da explotación de cando menos 0,6 años por femia elixible.

Co fin de reducir as cargas administrativas e acelerar a xestión, as achegas concedéronse a todos os produtores que presentaron en prazo a solicitude da PAC e cumprían os requisitos establecidos. Así, a maiores do sinalado, os solicitantes debían facer constar nunha declaración responsable se tiñan concedidas axudas en réxime de minimis en 2020 e nos dous anos anteriores.

Segundo a resolución que hoxe se publica no DOG, os interesados en coñecer a listaxe de beneficiarios e os importes concedidos en cada caso poderán facelo no seguinte enlace da web do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada